¡Genera el 40% de la electricidad de tu hotel o industria!
15 junio, 2017

O programa da xunta de eficiencia enerxética na industria e no sector hoteleiro permitirá un aforro anual de 8,4 millóns de euros

– A Consellería de Economía, Emprego e Industria pretende con esta liña de axudas mobilizar 50 millóns a través de 400 proxectos.

– O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, explica que as empresas beneficiarias poderán obter ata un 50% de axuda para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e plans de aforro e eficiencia.

– O prazo de solicitude para os interesados permanecerá aberto ata o 6 de xullo.
– Nos últimos 4 anos concedéronse máis de 700 axudas para iniciativas de aforro e eficiencia enerxética no sector e investíronse 16 millóns de euros.